miércoles, 5 de octubre de 2022

O BOSQUE DE CORES

Chegou o gran día!!! O noso cole convertiuse nun verdadeiro "BOSQUE DE CORES". Moita ilusión, sorpresa, fantasía... experimentar co outono dentro do cole. O noso cuberto cheo de follas, piñas, castañas, landras, millo, cabazas... e algún animaliño escondidiño (esquío, erizo, moucho...).

Disfrutamos moitísimo ulindo as follas, manipulando, escoitando os son das botellas cheas de follas, landras, castañas....Fixemos trasvases cos froitos, cargamos as carretillas, collimos os paraugas e saltamos os charcos....

Foi un gran desafío, unha gran aventura otoñal!!!



Si queredes ver máis fotos pinchade na imaxe.


Tamén vos deixamos un pequeno vídeo do noso  BOSQUE DE CORES, de como disfrutamos, e o ben que o pasamos co outono.