martes, 31 de octubre de 2023

SAMAÍN

 Como cada ano coa chegada do 31 de outubro celebramos o Samaín. No cole pintamos as cabazas monstuosas que logo levamos para casa na nosa cabeciña. Así de guapos lucimos neste día.




FANTASMA MANOLÍN

Tamén como tradición no noso cole chega o Fantasma Manolín. Despois de decoralo e quedar así de guapo, quisemos seguir coa celebración do Samaín, e coas nosas lanternas e sabas bailamos ao ritmo de Manolín. BOO!!!


Se queredes ver máis fotos pinchade na imaxe.

Video:
Aquí vos dedicamos tamén o ben que o pasamos co Fantasma Manolin e os sustos que metimos.







viernes, 27 de octubre de 2023

VENDIMA


Seguindo co noso proxeto "O bosque de cores"  o outono é epoca de vendima. Todo estaba preparado no "cuberto" coas uvas, a vide, os barreños... coas que vivenciar a experiencia de vendimar.

Qué maravilla poder utilizar os recursos naturais e desenrolar os cinco sentidos a vez que experimentamos, xogamos, aprendemos e disfrutamos da actividade.

Despois de recoller a uvas da "parra" tocou vendimar. Esmagamos as uvas para que saíra o mosto entre os dedos das mans.

 E como non hubo que probalo. Um qué rico!



Se queredes ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 20 de octubre de 2023

CAIXA MISTERIOSA

A través da caixa misteriosa fomentamos a imaxinación, a concentración e a motricidade fina.
Con este xogo temos que tocar o contido que hai dentro, intentando sentilo e adiviñalo. aumentamos así a nosa curiosidade, atención e o desexo pola aprendizaxe.
Hoxe na caixa misteriosa hai froitos do outono, follas, piñas...  e despois clasificamolas cada unha no seu bit correspondente.



Se queredes ver máis fotos pinchade na imaxe.


 

miércoles, 11 de octubre de 2023

O BOSQUE DE CORES

 Comenzamos a programación co primeiro desafío deste curso. "O bosque de cores" na que atopamos a clase convertida nun bosque de outono na que os froitos castañas, noces, mandarinas, mazás... as follas caídas da árbore, os paraugas, os charcos... nos serviron para vivenciar esta estación. Experimentando, xogando, manipulando, descubrindo e disfrutando.



Se queredes ver máis fotos pinchade na imaxe.


Aquí tamén vos deixamos un pequeno vídeo do desafío "O bosque de cores". Esperamos que vos guste e disfrutedes tanto como disfrutaron os peques.