viernes, 27 de octubre de 2023

VENDIMA


Seguindo co noso proxeto "O bosque de cores"  o outono é epoca de vendima. Todo estaba preparado no "cuberto" coas uvas, a vide, os barreños... coas que vivenciar a experiencia de vendimar.

Qué maravilla poder utilizar os recursos naturais e desenrolar os cinco sentidos a vez que experimentamos, xogamos, aprendemos e disfrutamos da actividade.

Despois de recoller a uvas da "parra" tocou vendimar. Esmagamos as uvas para que saíra o mosto entre os dedos das mans.

 E como non hubo que probalo. Um qué rico!



Se queredes ver máis fotos pinchade na imaxe.