viernes, 23 de junio de 2023

SAN XOAN

 Noite meiga a do 23 de xuño. Noite de cacharelas, de sardiñas...  E os nosos peques tamén celebran esta festa ancestral a das Cacharelas de San Xoan.

Comenzamos lavando a cara coas herbas de San Xoan ( fiuncho, fento, malva,  romeu, estalotes, herba luisa, xesta) para alonxar as meigas e o mal de ollo.

Comemos as sardiñas "por San Xoan a sardiña molla o pan"

E por último saltamos a cacharlea de San Xoan un número impar para atraer a boa sorte. Normalmente saltala tres veces.



Se queredes ver máis fotos pinchade na imaxe.