lunes, 5 de febrero de 2024

ENTROIDO

MECA

VENRES
E por fin chegou o gran día. Despois dunha semana de mandato da Meca os disfraces chegaron ao noso cole para disfrutar e pasalo moi ben. Personaxes de pelis, As increíbles, as princesas, os superheroes, as animaliños...

Se queredes ver máis fotos pinchade na imaxe.




XOVES

Casi rematando esta semana do entroido, a Meca manda: o XOVES algo vermello terás que poñer se a meca queres convencer. E así tan vermellos e guapos saímos.



MÉRCORES

Xa a mitade de semana, a Meca segue a mandar. O MÉRCORES igual que as ovellas van ao redil, da casa trae o teu mandil.





MARTES

Chegou o martes e a Meca manda MARTES para mostrar o que non vés, trae o mandilón do revés.









LUNS

 Xa chegou o entroido e con el a nosa Meca. Nesta semana tan especial  a Meca é que manda e para este LUNS  se de verdade queres molar, un calcetín de cada cor por fóra debes levar.